QUEIXO CON MEL E NOCES
Ingredientes Requeixo Mel Noces Elaboración Cáscanse e quitáselles a casca ás noces, procurando deixar a semente enteira. Nun prato sérvense un par de culleradas de requeixo, déitanse por riba as noces e cóbrese cun par de culleradas de mel. Notas Deliciosa con calquer tipo de queixo: azul, fresco, de untar, de vaca, ovella ou cabra.
Pódense tostar 1 minuto as noces nunha tixola quente, con ollo de non queimalas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario