CREMA FRÍA DE CABACIÑA CON ABACATE Ingredientes cebola, 1 cabaciñas medianeiras, 2 abacate, 2 sal pementa negra aceite de oliva virxe extra (AOVE), 50 ml auga Elaboración Depelícase e pícase a cebola. Nunha tixola a lume manso, cocémola en aceite 10 min. Lávanse e descabézanse as cabaciñas. Non se mondan de seren moi novas.
Tóranse en toros finos. Bótanse as cabaciñas toradas na tixola coa cebola e friximos 10 min
até empezaren a dourarse. Engádese un vaso de auga quente e, ao ferver, coce todo 10 min até estar tenra
a cabaciña. Deixamos arrefriar. Retírase tona e carabuña aos abacates. Pártese a carne en anacos. Nun recipiente, bótanse o abacate, a mestura fría de cabaciña e cebola, sal,
pementa e 50 ml de aceite. Tritúrase co batedor até obtermos unha textura fina. Repousa na neveira 2 horas mínimo. Sérvese fría con dados de abacate. Notas Tapada, consérvase na neveira varios días perfectamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario