xoves, 22 de outubro de 2020

ENSALADA DE LOMBARDA E MANGA

 ENSALADA DE LOMBARDA E MANGA


Ingredientes: lombarda: 500 g avelás: 100 g améndoas: 100 g noces: 100 g manga: sobre 300 g Aceite de oliva virxe extra (AOVE) sal queixo, á vontade Elaboración Córtanse as follas de lombarda á xuliana, escáldanse 5 min en auga con sal a ferver. Escórrense e déixanse arrefecer. Pelamos a manga, cun coitelo fánselle cortes tipo cuadrícula que cheguen á carabuña. Retiramos a carne cortando horizontalmente. Nun recipiente mestúrase a lombarda fría coas avelás e as améndoas picadas, as noces, a manga en anacos, AOVE e sal. Engádese o queixo en anacos e mexemos todo moito, pois a clave é servila ben remexida. Notas Consérvase moi ben dun día para outro por non levar vinagre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario