xoves, 22 de outubro de 2020

PAN DE PLÁTANO OU BANANA

 BUSCA O MÁIS VITAL: PLÁTANO, BALOO...

 

PAN DE PLÁTANO OU BANANA


Ingredientes

Bananas ou plátanos ben maduros en anacos: 4

Banana opcional para adornar: 1

Azucre: 150 g

Auga fría: 60 ml

Vainilla: 1 culleradiña (5 mg)

Fariña: 220 g

Lévedo en pó: 1 cullerada (7,5 mg)

Sal: 1 culleradiña (5 mg)

1 molde rectangular de 24 x 13 aproximadamente


Preparación

Esmáganse 4 bananas cun garfo nun recipiente amplo.

Engádese a vainilla, o azucre, a auga e mestúrase ben.

Vértese a fariña peneirada co lévedo e o sal sobre os plátanos esmagados, mexendo até obter unha masa homoxénea e sen bolos.

Opcional: engadir chispas de chocolate, noces, ou coco relado.

Fórrase un molde rectangular con papel de enfornar.

Vértese a mestura no molde, cunha banana enteira enriba (opcional).

Co forno prequente a 180º, enfórnase sobre 60 min. Repousar 5 min co forno apagado.

Desenmóldase e enfría sobre unha reixa antes de servir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario