xoves, 22 de outubro de 2020

XEADOS DE IOGURTE CON FROITOS DO BOSQUE

 

XEADOS DE IOGURTE CON FROITOS DO BOSQUE

Ingredientes

2 iogurtes naturais ou gregos de 125 g

150 g de froitos vermellos conxelados

2 culleradas sopeiras de azucre moído


Elaboración

Partimos os froitos do bosque grandes en anacos.

Nun recipiente mesturamos cun batedor o iogurte, os froitos e o azucre. Tritúrase até obtermos unha textura bastante homoxénea, deixando os froitos en anacos moi pequenos. Próbase para axustar o sabor doce.


Recheamos os moldes para polos e conxelamos o xeado 4 horas.

Sácanse os polos do molde e gárdanse no conxelador listos para servir no seu momento.


Notas

Poden mercarse conxelados os froitos ou conxelarmos nós arandos, grosellas, amoras, framboesas, amorodos ou morotes...

Para adozar o xeado substituímos o azucre por dátiles (3 ou 4) ou figos frescos moi maduros depelicados.




Ningún comentario:

Publicar un comentario