ENSALADA MORNA DE MAZÁ E QUEIXO
Receita da miña amiga Rita Amigo, en Newcastle, co Muro de Hadriano ao fondo.
A denominación rúcula procede do italiano rucola. Ingredientes Para a ensalada: 2 mazás grandeiras 200 g de rulo de queixo de cabra 50 g rúcula (eruca sativa) 50 g herba dos cóengos (valerianella locusta) sal en escamas Para o mollo: mel: 1 culleradiña vinagre de módena: 3 culleradas aove: 2 culleradas Elaboración Depelícanse as mazás e córtanse en toros de 1 cm de grosor. Ásanse nun recipiente
no forno caldeado a 180º durante 15 min.
Cubrimos a mazá coas rodas de queixo de rulo de cabra de entre 1/2 cm ou 1 cm
de grosor. Enfórnase de novo 5 min a 180º. Sácase do forno e déixase temperar. Mesturamos nunha fonte a herba dos cóengos e a rúcula.
Esténdese por riba da mazá e do queixo. Nunha cunca facemos o mollo, remexendo o mel, o vinagre e o aceite de oliva
virxe extra. Aréase a ensalada co sal en escamas e régase co mollo. Notas Pódese tomar fría, pero morna é máis saborosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario