venres, 15 de outubro de 2021

 MASA PARA EMPANADA OU EMPANADILLAS PARA AMASAR NA PANIFICADORA DE LIDL

Ingredientes

275 g de fariña de forza

275 g de fariña normal

20 g de lévedo fresco (que pode estar conxelada, deixala a desconxelar un chisco)

250 ml de auga morna

100 ml de aceite

1 culleradiña de sal

1.- Na cubeta, coas pas postas, botamos a auga morna, desfacemos nela o lévedo. 

2.- Mesturamos a fariña normal e a de forza e peneiramos. Bótase na cubeta.

3.- Engadimos o aceite e, por último, o sal. 

4.- Programa 10, Masa

5.- Sácase a masa, estírase, esténdese sobre unha capa de fariña e amásase un pouco.

A partir de aí fas o que che pareza coa masa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario