venres, 15 de outubro de 2021

 MASA DE CROQUETAS DE XAMÓN E QUEIXO NO MICROONDAS  MÁIS UNHA VARIANTE DE ESPINACAS CON QUEIXO DE CABRALES

Ingredientes

65 g de fariña de trigo

1 cebola pequena

75 g de xamón serrano

75 g de queixo manchego tenro

2 ovos

500 ml de leite

65 ml de Aove

pan relado

sal

pementa


Elaboración

1.- Pica o xamón en anacos moi pequenos, rela o queixo, pica a cebola e reserva

2.- Nun bol apto para microondas, con 3 litros de capacidade, pon o Aove, a cebola picada, e un chisco de sal. Mestura ben e quenta sen tapar 3 minutos a 800 W

3.- Engade a fariña, mestura ben co garfo e quenta 1 minuto 30 segundos a 800 W

4.- Verque o leite, sal, pementa, quenta en dúas quendas de 3 minutos a 800 W

5.- Agora a bechamel estará espesa, tritura co batedor para desfacer os bolos.

6.- Engade o xamón e o queixo relado. Mestura ben e quenta 2 minutos a 800 W. Rectifica o sal. Quenta outros 2 minutos a 800 W.

7.- Deixa enfriar a masa no mesmo recipiente, iso di a receita, mais eu pasei a masa a un recipiente rectangular.

8.- Dá forma ás croquetas. Rebózaas en fariña, ovo e pan relado.

9.- Conxela as que non vaias usar.

 VARIANTE DE ESPINACAS CON QUEIXO DE CABRALES

Os mesmos ingredientes da anterior receita, agás o xamón e o queixo, que substituíremos por 100 g de espinacas cocidas e escorridas e por 75 g de queixo de Cabrales ou queixo azul.

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario