CONSERVA DE XARDA EN VINAGRETA
A mellor época da xarda é de febreiro a maio, cando máis rica está e máis barata.
Ingredientes
.- xardas, mínimo 3
4 dentes de allo
600 ml de Aove
2 ou 3 follas de loureiro
pementa en grao, negra e rosa
romeu fresco
tomiño fresco
175 ml de vinagre de mazá
A xarda ten que estar limpa, sen cabeza e aberta á metade.
Elaboración
1.- Cocemos a xarda en auga con loureiro e sal durante 5 minutos desde que comece o fervor
2.- Fría xa a xarda, elimínanse as espiñas e a pel, procurando deixar os lombos enteiros,
3.- Nunha pota ponse o aceite, vinagre, pementas, loureiro, dentes de allo laminados, sal, romeu e tomiño. Déixase ferver e báixase o lume ao mínimo (máis ou menos 3 sobre 10), deixando a esta tempresatura sobre 10 minutos. Apágase o lume e déixase arrefecer ou temperar.
4.- Colócanse os lombos de xarda limpos nun recipiente, a poder ser de cristal, con tapa con moito xeito e cóbrese coa vinagreta.
5.- Déixase tapado na neveira un mínimo de 24 horas para que repouse, antes de comer ou envasar. Consérvase na neveira tapada sobre 10 días e pode embotarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario