venres, 15 de outubro de 2021

 ALBÓNDEGAS DE TENREIRA DOS ANCARES

 Esta é unha receita que lle copiei a Rosa, a autora do blog https://www.caceroladas.com/2014/10/albondigas-caseras-de-la-abuela.html, a quen lla agradezo.

Ingredientes:

.- 500 g de carne picada, pode ser mixta (porco e tenreira), mais eu uso a de tenreira dos Ancares, que compro na cooperativa A Carqueixa, o sabor dos Ancares.  https://www.osabordosancares.com/

.- miolo de pan, un vaso

.- leite, 100 ml

.- 1 ovo

.- 1 dente de allo

.- pirixel

.- fariña

.- 1 cebola grande

.- 3 cenouras medianas

.- 1/2 vaso de viño branco

.- pementa negra

.- pemento dóce ou picante, 1 culleradiña ou á vontade

.- aceite

.- sal

Elaboración:

1.- Remollamos o miolo do pan no leite e no ovo batido. 

2.- Esmagamos o allo en anacos co pirixel

3.- Nun cunco grande  mesturamos a carne, o miolo remollado, o allo esmagado, sal e pementa negra. Remexemos e mesturamos ben.

4.- Tápase con papel filme de plástico e déixase repousar na neveira 2 horas.

5.- Fóra da neveira xa, imos formando bolas de carne que rebozaremos nun prato con fariña, dándolle forma coa man.

6.- Nunha pota ampla, en aceite quente frítense as bolas de carne sobre 2 minutos, déixanse sobre papel absorbente para retirar o aceite.

7.- No mesmo aceite de frixir as albóndegas, cocemos a cebola moi picada e a cenoura relada, botamos o pemento dóce ou picante e o viño branco. Deixamos reducir 5 minutos fervendo.

8.- Engadimos o vaso de auga e deixamos que ferva.

9.- Incorporamos as albóndegas e, cobertas co líquido, (podemos engadir máis auga quente de precisar), déixase que cozan a lume medio sobre 20 ou 25 minutos, remexendo de cando en cando para que non se peguen.



Ningún comentario:

Publicar un comentario