venres, 15 de outubro de 2021

 TORTIÑAS DE CENOURA

Receita de Anna, sacada do seu blog https://www.annarecetasfaciles.com/


Ingredientes

200 g de cenouras (sobre 3 ou 4 cenouras)

150 g de fariña de trigo

100 ml de leite

2 ovos

aceite

50 g de azucre moreno

1/2 culleradiña de canela

1/2 culleradiña de noz moscada

8 g de lévedo en po (1/2 do sobre habitual)

1 pisco de sal

Elaboración

1.- Móndanse e rélanse as cenouras

2.- Mestúranse os ingredientes seguintes: ovos batidos + azucre + leite + canela + noz moscada + sal. Bátense ben A MAN cun batedor de globo,  A MAN

3.- Engádese a cenoura relada, mestúrase, a fariña peneirada e, ao xeito, o lévedo.  Remexemos até integrar todo.

4.- Untamos unha tixola con aceite, só untada. Quentamos a lume medio (sobre 6.5/7 de mando sobre 10). Colocamos culleradas de masa na tixola sen que se toquen (sobre 4)

5.- Cocíñanse a lume medio por un lado até que aparezan burbulliñas na masa. Víranse e frítense polo outro lado. 

6.- Quentes é como máis ricas están, poden cubrirse de marmeladas variadas.

7.- De sobrar masa, pódese gardar no frigo tres ou catro días e facer as tortiñas cando se vaian consumir. Así están quentes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario