TORTIÑAS DE GARAVANZOS E
CABACIÑO
Cando non queremos consumir carne (ou
tanta carne), hai alternativas saborosas, aínda que máis
laboriosas: os garavanzos proporcionan un alto contido de
carbohidratos, de fibra e unha porcentaxe elevada de proteínas
vexetais.
Ingredientes
.- Das tortiñas
300 g de garavanzos
1 dente de allo
1 cabaciño
1 ceboleta
1 culleradiña de comiño moído
pirixel |
1 ovo
3 culleradas de fariña
3 culleradas de pan relado
aceite de oliva
pementa
sal |
.- Do mollo
1 iogurte natural
6 follas de menta
1 cullerada de AOVE (aceite de oliva virxe extra) |
pementa
sal
|
Elaboración
.- Do mollo
- Bátese o iogurte co aceite, a menta
picada e un chisco de sal e pementa.
Repousa no frigorífico.
- Póñense os garavanzos en remollo na
véspera para amolecelos. Escórrense e bótanse en auga a ferver con
sal para coceren sobre 2 horas, até estaren tenros. Ben escorridos,
esmáganse até obter un puré homoxéneo.
- Lavamos e, sen mondalo, relamos o
cabaciño, que debe repousar 20 min. Apertámolo coas mans para que
solte a auga. Pélase e pícase finamente a ceboleta, o allo e o
pirixel.
- Mestúrase o puré de garavanzos co
picado de ceboleta, allo, cabaciño e pirixel. Salgamos e sazóase
coa pementa e o comiño.
- Agrégase o ovo batido, o pan relado,
a fariña peneirada. Mesturamos ben e deixamos repousar na neveira
unha hora para que a masa asente.
- Sepárase a masa en porcións e
formamos tortiñas esmagándoas coas mans. Nunha tixola co aceite ben
quente, frítense por tandas de 3 ou 4 durante un minuto por cada
lado.
- Escórrense e sérvense co mollo.
Notas
. Poden ser garavanzos cocidos de bote.
Máis saboroso é cocelos nós, tras un remollo mínimo de 12 horas.
Na ola rápida, logo de comezar a asubiar, chegan 25 min de cocción.
Nunha tradicional, precisan sobre 2 horas desde o comezo do fervor,
sempre cobertos por auga. De precisar máis auga, debe estar quente
ou a ferver, para que os garavanzos non endurezan.
. De preparar a masa na véspera da
fritura, fica máis asentada.
. Consérvase perfectamente no
frigorífico até 5 días.
. Para saíren as tortiñas do mesmo
tamaño, recórtanse cun aro ou vaso.
Curiosidade
Menú do banquete celebrado en honra de
Manuel Murguía o 2 de marzo de 1909 na Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario