FLAN DE
ARROZ CON CARAMELO LÍQUIDO
Co
noso agradecimento a Mariajo SanJosé por ternos fornecido estas
receitas... e tantas outras...
A
gastronomía da Galiza emprega este cereal para diversos guisos e
variadísimos pratos. Como sobremesa, a máis estendida e típica son
as papas de arroz, pero esta sinxela e saborosa proposta varía a
textura e o gusto dos tradicionais flans de ovo.
Tempo: 20
minutos + repouso
A.-
Ingredientes e elaboración do flan
A
medida é en cuncas de café ou vasos de iogurte:
1
medida de arroz pulverizado ou de fariña de arroz
1'5
de azucre
8
de leite enteiro
1
area de sal
3
ovos
1.- En primeiro lugar, prepárase o
caramelo. Reservamos no molde.
2.- Nunha tarteira batemos o leite frío
e os ovos. Engádese a fariña de arroz, remexendo até que non
fiquen bolos. Logo bótanse o azucre e o sal e revolvemos todos os
ingredientes.
3.- A lume medio, cócese a mestura,
mexendo de contino para que non se pegue, até que ferva e resulte
unha crema espesa.
4.- Deitamos o flan quente no molde
caramelizado, déixase arrefriar a temperatura ambiente e, xa frío,
repousará na parte baixa do frigorífico dúas horas mínimo.
B.-
Ingredientes e preparación do caramelo
4
culleradas de azucre
25
ml de auga
o
zume de medio limón
1.-
Esténdese o azucre no molde de cristal onde vaiamos servir
o flan, botamos a auga e o zume de limón.
2.-
Métese o recipiente no microondas 4 minutos á máxima potencia,
comprobamos se está feito o caramelo. De non estar, metemos de novo
1 min e así sucesivamente, até que adquira unha cor escura, pero
sen queimar o azucre, pois o caramelo queimado amarga, no canto de
adozar. (O meu micro tarda 6/7 min).
Notas
Se o recipiente é metálico, faise o
caramelo á parte e esténdese no molde.
Podemos usar caramelo líquido
comercial.
En vez de comprar a fariña de arroz,
nun muíño de café moemos o arroz (que non sexa integral) até
resultar un po fino.
O leite desnatado, no canto de enteiro,
fai esta sobremesa máis lixeira, pero poténciase o sabor se, en vez
de 8 medidas de leite enteiro, botamos 4 de desnatado e outras 4 de
nata.
O flan sabe mellor ao outro día, pois
gaña co repouso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario