TORTA DE
CHOCOLATE BRANCO E CREMA DE LIMÓN
Sobremesa
dos xantares familiares na casa de Isabel Sanfiz, con base de torta
de chocolate coberta de crema inglesa de limón.
Esta crema, de sabor natural e textura cremosa, perfecta para tortas e recheos, tamén marida moi ben con queixos, contrastando sabores.
TORTA CHOCOLATE BRANCO
Ingredientes e material
120 g
de crema de queixo untábel (ou tipo philadelphia)
120
gr de chocolate branco
3
ovos
1
molde rectangular de papel de aluminio (24x36 cm aproximadamente)
manteiga
para engraxar o molde
Preparación
Nun
recipiente, a baño maría, derrétese o chocolate, bátense as
xemas, mesturando co queixo e co chocolate. Engádense as claras
montadas a punto de neve.
Bótase
no molde rectangular, untado de manteiga, no forno prequente a 170ºC,
coce durante 15 min. Báixase a temperatura a 160º C e coce outros
15 min.
Deixamos
arrefecer.
CREMA DE LIMÓN
4
ovos
2
culleradas de reladura de limón
240 g
de azucre branco
zume
de 2 limóns e de 2 mandarinas (ou 180 ml)
120 g
de manteiga
1
pisco de sal
Preparación
Nun
cazo que poida ir a baño maria, bátense os ovos co azucre e o sal.
Mestúranse
coa reladura do limón e co zume coado de limón e mandarina, até
ficaren ben incorporados.
Durante
15/290 min, cócese a mestura a baño maria coa auga a temperatura
media baixa, sen que ferva en ningún momento, mexendo arreo cunhas
varillas até a crema espesar e adquirir consistencia, sabendo que,
unha vez fría, espesa máis. Se deixamos de remexer, sairán bolos.
Espesa
a crema, engádese a manteiga a temperatura ambiente, cocendo 5 min
máis, sen parar de mexer, até resultar unha mestura ben integrada.
Déixase
enfriar. Esténdese por riba da torta de chocolate, fría tamén, sen
sacala do molde de aluminio.
Repousa
na neveira até o día seguinte e córtase no propio molde, rompendo
os laterais.
Notas
De
querermos crema de laranxa, substitúese a reladura e o zume de limón
e mandarina por 200 ml de zume e reladura exclusivamente de laranxa.
A crema de limón
consérvase no frigorífico durante
un mes, nun bote hermeticamente cerrado, pero debe estar fría antes
de embotar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario