CROQUETAS DE ESPINACAS E PIÑÓNS OU NOCES
Ingredientes
. Da masa
400 g de espinacas frescas ou
conxeladas
200 g de queixo (ao gusto), relado
ou dadiños
1 cebola mediana
1 dente de allo
600 ml de leite
75 g de fariña
|
3 culleradas de manteiga
Aceite de oliva
Sal
Pementa moída
Noz moscada
100 g de piñóns ou noces |
. Do rebozado
Fariña
Ovo batido
Pan relado
Elaboración
- Ponse a lume forte unha pota con auga
e sal. Ao comezar o fervor, bótanse as espinacas lavadas e cocen 10
min desde que a auga volve a ferver. Escórrense e pícanse.
- A lume medio, douramos os piñóns na
tixola até obter unha cor tostada.
- Nun recipiente, con 4 culleradas de
aceite fritimos a lume medio cebola e allo picados moi finos.
- Agrégaselle a manteiga e a fariña
peneirada, para non formar bolos, mexendo 2 min. Xa a lume suave, van
as espinacas, reméxese, logo aos poucos o leite quente ou morno,
sal, pementa, noz moscada, movendo arreo até obtermos unha bechamel
espesa, que coce 20 ou 25 min.
- A masa está lista se ao remover se
fan sucos que deixan ver o fondo.
- Fóra do lume, engádese o queixo e
os piñóns ou noces, reméxese e esténdese a masa no molde para
arrefriar a temperatura ambiente. Logo repousa unhas horas na
neveira.
- Fórmanse as croquetas, rebózanse en
fariña, ovo e pan relado.
- Frítense e sérvense quentes.
Saen sobre 30 croquetas.
As noces non se douran.
Importante: usar culler de pau todo o
proceso para non se pegar a bechamel.
Conxelan ben.
- coa man: aconsellábel usar luvas.
- con dúas culleres para redondealas
ou con pinzas de xeado.
- con manga pasteleira de boca ancha:
métese a masa morna, fanse churros nunha fonte con pan
relado abondo. Fría a masa, córtanse porcións do tamaño desexado.
Rebozalas:
- Pásanse por fariña, ovo batido e
logo pan relado.
- De rebozalas dúas veces, a cobertura
é máis grosa e rompen menos.
- O pan relado groso dá un acabado
extra triscante.
- En cantidades pequenas e case
cobertas polo aceite ben quente, entre 175º e 180º: a temperatura é
correcta se aparecen burbullas arredor da primeira croqueta ao
botala na tixola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario