MOLLO PICANTE
Con esta salsa poden facerse
patacas bravas ou tigres rabiosos (mexillóns picantes).
Ingredientes do mollo:
2 dentes de allo
1 cullerada de pemento doce
1 cullerada de pemento
picante
1 chile
400 g de tomate triturado ou
salsa de tomate
sal
aceite de oliva
8 g de azucre (opcional)
Elaboración:
Depelicamos e picamos miúda
a cebola e o allo. Nunha tixola a lume suave, quéntase o aceite e
cocemos a cebola durante 10 ou 15 min, até que amoleza e comece a
acadar unha cor dourada. Engádense os allos, o pemento doce e o
picante, o chile esmiuzado, o sal, o tomate e reméxese.
Cocíñase a lume lento 10
min. e pásase polo batedor, até obtermos un mollo espeso.
Se resulta moi denso,
engadimos aceite de oliva virxe e reméxese.
De ser moi líquido, para
espesalo, ponse de novo ao lume, bótase unha cullerada de pan
relado, méxese e cociña 5 min.
Para patacas bravas,
ingredientes:
1 Kg de patacas
aceite
sal
mollo
Depelícanse e córtanse en
cadrados as patacas, sálganse e frítense en aceite quente.
Frixidas, sácanse da tixola, escórrense, cóbrense coa salsa e
sérvense ben quentes.
1 Kg de mexillóns
4 follas de loureiro
mollo
Logo de raspar e lavar os mexillóns,
ábrense ao vapor, poñendo a lume alto unha tixola ou pota grande.
Bótase o loureiro, sen engadir ningún tipo de líquido.
No recipiente quente, colócase unha
capa de mexillóns que cubra o fondo. Co lume alto, deixamos que
abran e cozan, mexendo a tixola ou pota.
Abertos e cocidos ao gusto
(máis ou menos crus), retíranse a unha prata. Repítese o proceso
até acabalos, os propios mexillóns van soltando algunha auga que
serve para axudar a cocción dos outros.
Opción 1: Quitar unha das
cunchas do bivalvo, deixar na outra a carne, estender o mollo por
riba.
Opción 2: Retíranse os
mexillóns das súas cunchas. Nun prato, cóbrense coa salsa.
Sérvense quentes ou fríos.
Notas:
De usar tomate fresco
triturado, convén engadir unha cullerada de azucre para tirar a
acidez do tomate.
De empregar salsa de tomate,
non precisa do azucre.
De sobrar mollo, pode
gardarse na neveira nun bote cerrado hermeticamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario