TOSTA DE QUEIXO CON CAQUI (TAMÉN COÑECIDOS COMO DIÓSPIROS)
Orixinario de
China, o DIÓSPIRO ou caqui chegou a Europa no séc. XVII. O seu nome
galego é unha adaptación do inglés khaki (do urdú khaki "da
cor do po").
Comercialízase
en dúas variedades: o caqui Classic
(froito maduro extremadamente mol e doce, cómese con culler por mor
da súa consistencia amarmelada) e o Persimón
(de
polpa dura e consistente,
pódese mondar e cortar). O Persimón cultívase en
Valencia
e véndese baixo a marca rexistrada "Denominación de Orixe Kaki
Ribera del Xúquer".
Os
dous
son a mesma froita
con diferente punto de madurez: o classic
recóllese maduro; o persimón
semimaduro
e
sométese
a
un tratamento que elimina a astrinxencia.
Na
Galiza danse moito os dióspiros, pero ao comelos déixannos un sabor
áspero e duro no padal.
Para
tirarlles a astrinxencia, cómpre recolectalos coa polpa aínda
firme. Nun recipiente que cerre hermeticamente (ola a presión,
caldeiro con tapa...), introdúcese un vaso con 50 ml dunha bebida
alcólica de alta graduación (coñac, ron, whisky, augardente
etc...).Tápase o vaso cun coador ou unha reixa que deixe pasar os
efluvios, colocando os caquis arredor ou enriba, sen estaren en
contacto directo co líquido. Deixámolos repousar 4 días no
recipiente cerrado. Sácanse, lávanse e sécanse.
A
aspereza débese aos taninos dos dióspiros ou caquis. Ao sometérmolos ao contacto
aéreo co alcol, este entra polos estomas (orificios) da froita e
provoca a desaparición dos taninos. Por iso fanse madurar así, pois
ao aportarmos etanol ao ambiente que rodea os froitos, inactívanse
os taninos e conséguese que os caquis perdan a aspereza sen alterar
o sabor, a textura, a finura, o aroma e a cor.
Ingredientes
4
tostas de pan
100
gr de queixo fresco ou requeixo
mel
(opcional)
1
caqui grande e moi maduro
Montaxe
Se
é queixo fresco, esmagámolo cun garfo.
Depelícase o caqui, bótase a pulpa nun prato ou cunca e méxese cun garfo.
Depelícase o caqui, bótase a pulpa nun prato ou cunca e méxese cun garfo.
Torramos
as rebandas de pan á vontade.
Colocamos
en cada tosta unha xenerosa capa de queixo ou requeixo, esparexemos
unhas pingas do mel e, por riba, unha capa de dióspiro esmagado.
Notas
Pode
tomarse no almorzo, de aperitivo ou como sobremesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario