VASIÑOS
DE CHOCOLATE, QUEIXO E GALLETAS
Como
base usamos "oreos", as galletas tipo bocadillo
consistentes en dúas galletas circulares de chocolate unidas por un
recheo cremoso doce e branco.
Hai
moitas marcas, pero a máis comercializada é a estadounidense Oreo,
que, por metonimia, pasou a dar nome a este tipo de galletas, que
sempre nos traen o recordo de cando na nosa infancia as abriamos e
lambiamos o recheo.
Aínda
que se poden elaborar na casa, nesta sobremesa usamos as que se
comercializan.
É
conveniente telas gardadas nun recipiente hermético na neveira, para
evitarmos que a masa interior amoleza demasiado, polo que se
conservan moito mellor.
Ingredientes
para 8 vasiños
16
galletas tipo Oreo
150
g de chocolate para sobremesas
200
ml de nata líquida para montar ou crema de leite
175
g de queixo crema untábel natural
20
g de manteiga
30
g de azucre moído
1
iogurte natural
1
cullerada de vainilla líquida (opcional)
mini
galletas tipo Oreo para decorar
Elaboración
.
Déixanse as galletas e o queixo a temperatura ambiente 30 min para
manipulalas mellor.
.
Desmontamos as galletas: o recheo branco nunha cunca e as partes do
chocolate noutra.
.
Métense as partes de chocolate nunha bolsa de conxelar e esmagámolas
pasando un rebolo, até quedaren ben trituradas. Resérvanse.
.
Para facer a crema de chocolate, nun recipiente botamos o chocolate
en anacos, a nata e a manteiga. Quéntase a baño maría e, ao
comezar a ferver a nata, retírase do lume. Remexemos manualmente con
batedor de globo até acadar unha textura homoxénea. Déixase
arrefecer a temperatura ambiente.
.
A parte branca (o recheo das galletas) mesturámolo co azucre, o
iogurte, o queixo crema e a vainilla (opcional), mexendo co batedor
manual.
.
Batemos a crema de chocolate ben fría co batedor eléctrico de
montar nata para facela máis cremosa.
.
Móntanse os vasiños: unha cullerada sopeira de galleta moída, capa
de crema de chocolate, capa de galleta moída, capa de crema de
queixo.
.
Gardamos os vasiños na neveira como mínimo dúas horas para
adquiriren consistencia e firmeza.
.
Á hora de servir, adornamos cunha mini galleta tipo Oreo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario