TORTA DE VERDURAS
Este prato é unha torta aberta de masa, con recheo a
base de ovos e leite e con diversos ingredientes (verduras cortadas e
/ou produtos como panceta ou xamón, salmón...), acrescentando
sempre un queixo. Embora ser a súa orixe a Alsacia-Lorena,
actualmente cocíñase en todo o mundo.
Ingredientes
250 gr de masa de follado,
de masa crebada ou pasta brisa
4 ovos
250 cl de leite
sal
pimenta negra ou branca
150 g de queixo parmesano
relado ou ben catro lonchas de queixo de derreter
500 gr de verduras,
mesturando feixóns verdes, chícharos, cenorias, cabaciño, allos
porros, champiñóns, acelgas, cabaza, etc...
100 g de
panceta ou de xamón serrano ou cocido, en taquiños
Tempo
40 min de preparación e
35 min de forno
Xeito de facelo
Cócense e sálganse as
diferentes verduras por separado. Déixanse arrefecer e escórrense
moi ben.
Nun recipiente, bátense
os ovos co leite frío, sal e pimenta. Engadimos as verduras
troceadas e frías, o queixo relado ou en anacos pequenos, remexendo
todo xunto.
Fórrase con papel de
forno un molde, esténdese enriba a masa, cubrindo as paredes. De ser
masa de follado, pícase cun garfo.
Bótase a mestura e
acomódanse os ingredientes cun garfo.
Co forno
prequente, cócese a 180º durante 35 min, pero se é masa de
follado, a temperatura será 200ºC.
O recheo debe
quedar callado e a masa cocida.
Notas
A torta
pódese tomar quente ou fria.
Adoito botar catro
verduras diferentes. Moi importante cocelas por
separado.
O
queixo pode ser parmesano, gruyère, camembert, roquefort ou brie.
O ideal é usar masa
caseira, xa de follado, xa crebada ou brisa, indistintamente.
Calquera delas conxela ben.
A crebada e a brisa son a
mesma masa: nin incha nin sobe.
A masa de follado incha e
sobe, para que non levante, pícase cun garfo antes de enfornar.
O follado é
ideal para sobremesas doces, empanadas e tortas que pretendan
resultar milfollas; a masa crebada úsase para pasteis e tortas de
verdura ou carne.
Se ao traballarmos calquera
destas masas, queda moi mol, o mellor é metela de novo un pouco na
neveira. Nunca engadiremos fariña, pois provoca que a masa endureza
e se estrague.
Ningún comentario:
Publicar un comentario