PASTEL FRÍO DE SALMÓN E
PESCADA
Para Marga do Val, en lembranza do roteiro da Regenta, en Oviedo.
Un prato frío que permite
combinar os peixes a vontade. É
máis saboroso feito do día anterior e reservado no
frigorífico.
Ingredientes
250 gr de salmón fresco e 250 gr de
pescada sen pel nen espiñas
4 ovos250 ml de leite
200 ml de nata
1 cebola
4 culleradas sopeiras de salsa de tomate, 1 de mostaza, 1 de eneldo fresco ou seco
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra ou branca moída
Pan relado
Tempo
60 min
1.- Cócese por separado o peixe no
leite, cun chisco de sal. Cóase o leite e resérvase. Esmiuzamos o
peixe coas mans.
2.- Pélase a cebola e córtase moi
finiña. Cocémola 5 min a lume medio nunha tixola co aceite e sal,
ata que comece a amolecer, pero sen dourarse.
3.- Vértese o peixe na tixola coa
cebola, remexendo todo ben e cociñando 2 min.
4.- Nun bol batemos os ovos con batedor
manual de variñas, incorporando a salsa de tomate, a mostaza, a
nata, o leite coado da cocción e o eneldo picado, remexendo todo
ben.
5.- Engádese o peixe coa cebola e
reméxese co batedor ata obtermos unha mestura homoxénea.
6.- Botámola nun molde untado con
aceite de oliva con pincel de cociña e tapizado con pan relado.
7.- No forno prequente a 200º
cociñamos 30 min a baño maria. Comprobamos a cocción pinchando cun
palillo até saír limpo. De comezar a tostarse, cómpre tapalo con
papel de aluminio.
8.- Sácase do forno e déixase
repousar a temperatura ambiente. Para desmoldar, debe estar
totalmente frío.
9.- Sérvese con salsa rosa, maionesa,
etc...
Notas
Cómpre usar un batedor manual para non triturar o peixe.
Pódese forrar o molde con papel de enfornar, no canto do aceite e
pan relado.
Mellor se a salsa de tomate é caseira.
Para coñecer o punto de sal, probámolo en cru, antes de enfornar.
O tempo de enfornado é orientativo,
depende do molde. Cómpre controlar o punto de cocción para que non
rompa ou quede seco, a proba do palillo funciona moi ben.
Non debe conxelarse. Dura até tres días de estar na parte baixa do
frigorífico, pero sácase media hora antes para acadar o tempero.
O máis fácil é un molde desmontábel e as flaneiras individuais
melloran a presentación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario