TORTA
SEFARDÍ DE GARAVANZOS
Os legumes máis tradicionais na nosa
cociña son fabas, garavanzos e lentellas. Coas fabas facíase na
miña casa "potaxe" e cos garavanzos "callos",
tanto así que tardamos anos en aprender que os legumes se chamaban
garavanzos, non "callos".
Non coñecía o seu uso para pratos
doces até atopar esta receita, escoitando Radio "Sefarad",
nome co que os descendentes dos xudeos expulsados en 1492 de España
e Portugal, identifican a Península Ibérica. Sefardís son eles e
tamén o seu dialecto, que tivemos ocasión de escoitar no Grande
Bazar de Istanbul e noutros lugares de Turquía.
A torta pareceume curiosa e, cando a
poño de sobremesa, xogamos a adiviñar os ingredientes. Atinan con
case todos, agás un, os garavanzos.
Tempo
15 minutos de preparación e 50 minutos de forno
Ingredientes
.- 1 rebanda
pequena de pan, a cantidade dunha cunca de café con leite, remollada
en leite ou en iogurte natural
.- 400 gr de
garavanzos cocidos
.- 175 gr de
azucre
.- a corteza
ralada de 1 limón, mesturada con canela ou vainilla (un ingrediente
anula o outro)
.- 5 ovos
1.- Esmígase e
remóllase o pan no leite ou no iogurte.
2.- Escorremos os
garavanzos cocidos, métense nun bol fondo, bótaselles o azucre, a
raladura do limón coa canela ou coa vainilla, o pan remollado no
leite, os ovos.
4.- Úntase un molde con manteiga ou con aceite e salfíreselle un pouco de azucre polas paredes, ou cóbrese cun papel de forno. Eu prefiro esta opción, porque é máis doado desmoldalo e nunca se pega.
3.- Sácase o pastel do forno e déixase arrefecer.
4.- Pódese presentar así ou recoberto de azucre moído, que lle fornece un aspecto máis chamativo.
Notas
Cómpre botar o azucre moído ao
servirmos a torta, para que non desapareza, absorbido polo pastel.
Poden ser garavanzos cocidos de bote,
hainos en calquer tenda. Máis saboroso é cocelos nós, logo dun
remollo de como mínimo doce horas. Na ola rápida, logo de comezar a
asubiar, chegan 25 min de cocción. Nunha pota normal, precisan sobre
dúas horas desde o comezo do fervor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario