AÑO
AO XEITO DE BURGOS. Receita de Concha López Linares
Déixase
o año toda a noite en auga fría, pódeselle botar xeo á
auga,
para que desangre ben.
Se
o año está conxelado, non hai que botarlle o xeo.
Pódese
adobar con viño, allo e ourego, ou mesmo deixalo
sen
adobar, que é como se fai en Burgos, sen nada.
Prequéntase
o forno a 200º. No fondo da bandexa bótase
un
pouco de aceite para que non se pegue a carne, colócase
a
carne e métese no forno a 200º durante 10 minutos.
Sálgase
o año e báixase a temperatura do forno a 180º.
Quince
minutos despois aproximadamente bótaselle por
riba
un vaso de auga con vinagre. Pódese darlle volta para
que
se vaia facendo ben. Dependendo do tamaño dos trozos
da
carne, debería estar no forno sobre hora e media.
Sácase
cando se ve que xa está asado e sérvese cunhas patacas
ao
xeito de Carlos, que xa se asan ao tempo que o año.
Ningún comentario:
Publicar un comentario