FIGOS
DA NOIVA
Inverno: arrecendo nos armarios a "mazás camoesas, tabardiñas e roibas" de Cunqueiro, sobremesas con uvas e figos pasos...
En
Compostela, tanto na cidade como no rural, os "figos da noiva"
(en xarope) eran a sobremesa tradicional das vodas. Como o habitual
era celebrar os casamentos na casa, preparábanse os botes con
antelación para agasallar os convidados. O Hotel Compostela ou o
Suízo, onde celebraban as vodas as familias podentes, tamén
incluían estes figos azucrados na sobremesa. A pastelaría Casa
Mora, que funciona en Santiago desde 1924, preparábaos e vendíaos.
Costume compostelán típico hoxe case desaparecido, nos anos setenta
do século pasado aínda a noiva os ofrecía, feito que asombraba os
convidados de fóra.
Ingredientes:
A
proporción dos ingredientes é unha parte de azucre e dúas de
figos.
.- 600 gr de figos maduros, pero deben estar enteiros e algo duros
.- 300 gr azucre
.- zume dun limón grande
.- 600 gr de figos maduros, pero deben estar enteiros e algo duros
.- 300 gr azucre
.- zume dun limón grande
Xeito
de preparación:
Nunha pota colócanse os figos ben apertados. Consonte a cantidade, poden ir en dúas ou tres capas, cóbrense co azucre, tápase a pota e déixanse repousar 24 horas.
Ao día seguinte, cócense media hora a lume lento hora até que o azucre se fai líquido. Bótase o zume do limón e déixase repousar todo na pota tapada outras 24 horas.
Ao outro día, vólvese a cocer a lume lento 30 min, até que o azucre se pon acaramelado.
Aínda quentes os figos, métense en botes esterilizados, deixando dous centímetros libres ata o borde do bote. Recheamos co xarope e deixamos libre un centimetro ata o borde. Reméxese amodo cun pincho para que saian as burbullas de aire. Cérrase o bote e cócese a baño maría 30 min a partir de comezar a ferver.

Déixanse
arrefecer na propia pota. Gárdanse e, pasado un mes, xa se poden
comer.
Notas:
Notas:
Excelente
acompañamento para calquer tipo de carne.
Como
sobremesa, poden servirse sós; con queixo fresco ou do país suave;
unha lasca de queixo, un par de figos e unha sombra do xarope líquido
por riba do queixo.
Pódense
conxelar, pero cómpre deixar un centímetro libre nos tarros.
Consérvanse
perfectamente un par de anos.
Suxestión de presentación para unha sobremesa:
Unha lasca de queixo fresco (o de Angulo de Burgos está moi ben, pero os queixos galegos non desmerecen nada), un par de figos ao lado e unha sombra do almibre líquido por riba do queixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario