TORTA DE
CABELO DE ANXO CON XAMÓN
Ingredientes:
Para o cabelo:
1 cabaza de cidra
caiota (froito da cidreira
caiota)
azucre (a metade do peso da
polpa da cabaza)
1 limón
1 pau de canela
Para a torta:
1 lámina de masa de follado
(rectangular ou circular dependendo do molde)
200 g de cabelo de anxo
100 g de xamón curado
1 ovo
Facer o cabelo de anxo:
No forno a 100º metemos a
amolecer a cabaza enteira 2 ou 3 horas.
Sácase do forno, ponse no
vertedeiro e, quente, dáselle un forte golpe ou ábrese cun coitelo
para vaciala.
Sepárase a polpa da
corteza, retíranse as pebidas. Pésase a polpa. Ponse a cocer a lume
manso nunha pota con 1 dl de auga, engádese o limón partido á
metade, mexendo de cando en cando para que non pegue, cocerá 30 min.
Bótase o azucre e o pau de canela. De novo 30 min a lume baixo,
remexendo.
Coa pota tapada, déixase
macerar até o día seguinte. Coce de novo 1 hora a lume moi manso,
mexendo de cando en cando. Ao arrefecer, retírase o limón e o pau
de canela. Se hai algún anaco de polpa que non esfiou, desfaise coas
mans.
Montar a torta:
Nun molde, sobre papel de
enfornar, estírase a masa, deixando dabondo nas beiras para cerrar a
torta. Estendemos unha capa de cabelo, cubrimos coas lascas de xamón
partidas en anacos medianos. Dóbranse os lados, estirando a masa
para tapar o xamón. Poden ficar anaquiños sen cubrir. Pintamos a
torta co ovo batido.
No forno prequente a 200º,
enfórnase 45 min. Sérvese quente.
Notas:
A
Cucurbita ficifolia
(cidreira caiota) dá un
froito de forma elipsoide, coa casca verde con manchas brancas, co
que se elaboran doces.
De sobrar cabelo, embótase
cocéndoo a baño maría 30 min. Gárdase como unha conserva ou
conxélase.
Cabe usar cabelo de anxo
comercializado.
Moito obrigada á nai de
Inés, Miguel e Sara por ternos convidado a degustala por primeira
vez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario