xoves, 6 de abril de 2017

BISCOITO NOVELÚAS

BISCOITO NOVELÚAS

Para realizar este biscoito pártese da "masa nai" que che pasa unha persoa para a que ti es especial.
Esa persoa deséxache paz, saúde e as doces sensacións que ti percibes ao recibilo.....

FORMA DE ELABORACIÓN:
XOVES: Comeza nun xoves (día que a recibes): bótase a "masa nai" nun bol de maior tamaño engadindo un vaso de azucre e outro de fariña (non se mestura).
VENRES: mestúrase cunha culler de madeira.
SÁBADO: non se toca.
DOMINGO: non se toca.
LUNS: engádese un vaso de azucre, un de leite e outro de fariña (non se mestura).
MARTES: mestúrase ben cunha culler de madeira.
MÉRCORES: non se toca.
XOVES: non se toca.
VENRES: non se toca.
SÁBADO: repártese a "masa nai" en catro partes, apartando tres vasos de "masa nai" para tres persoas especiais para ti. Gárdanse nun recipiente pequeno e entréganselle o xoves seguinte.

Cóllese a túa parte e engádeselle o seguinte:

2 vasos de fariña
1 vaso de azucre
1 vaso de aceite (xirasol ou de oliva)
1 vaso de leite
1 vaso de noces ou améndoas picadas
180 gr de pasas de corinto
 1 sobre de levadura
2 ovos
1 mazá troceada
un chisco de sal
un chisco de canela
un chisco de vainilla


Mestúrase todo ben cunha culler de madeira, ponse no forno prequente a 180º durante 30 min. O molde debe ir forrado de papel de forno, ou engraxado con manteiga para non se pegar o biscoito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario