PATÉ DE MEXILLÓNS DE MARIA JOSÉ SUÁREZ
Ingredientes:
1 dente pequeno de allo
30 gr de cebola ou ceboliño
2 latas de mexillóns en escabeche de 110 g de peso neto cada unha
2 ovos cocidos
4 pementos do piquillo de lata, moi ben escorridos
120 de queixo Philadelphia ou similar
50 g de olivas verdes sen óso
sal
pementa branca acabada de moer
Pícase moi moi fino a cebola e o allo.
Escórrense moi ben os mexillóns do seu escabeche, secándoos nun papel absorbente de cociña, e quitarlles os pelos verdes que teñen moitas veces.
Bótanse todos os ingredientes no recipiente do batedor e bátense ata formaren unha pasta suave e homoxénea e que non queden grumos.
Métese no frigorífico, onde cómpre conservalo, e sérvese con anacos de pan torrado ou de Carral.

Ningún comentario:
Publicar un comentario