CABACIÑO EN CONSERVA DE RITA
Lavar o cabaciño, cortalo en rodelas moi finas e poñelo con sal durante unha hora, para que solte a auga.
Poñer a ferver un litro de auga con medio litro de vinagre de mazá, cando ferva cocemos nesta mestura o cabaciño durante cinco minutos. Escórrese ben o cabaciño cocido e déixase arrefecer.
Métese en botes de cristal e cóbrense cun tempero formado por aceite de oliva, allo ben picado, romeu (rosmarinus officinalis) e tomiño (thymus vulgaris).
Déixase repousar como mínimo un mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario