FLAN
DE ESPÁRRAGOS
Un
prato fresco moi apropiado para calquer época. Déixase preparado do
día anterior, pois cómpre servilo frío.
Ingredientes
.-
2 latas/botes de puntas de espárragos (sobre 300 g de peso neto
escorrido)
.-
1 bote de leite concentrado ou evaporado (400 ml)
.-
4 ovos
.-
½ sobre de queixo parmesano relado (75 gr)
.-
un chisco de sal
.-
manteiga para untar o molde (flaneira)
Para adornar
Tomatiños
Maionesa
Olivas negras ou verdes
Espárragos
Pementos en conserva
Material
Molde
de 20/22 cm de ancho
Ola
a presión ou fonte de enfornar onde colla o molde
Tempo
55
min de elaboración máis repouso
Xeito
de preparación
Pódense
utilizar espárragos frescos brancos ou verdes, pelados e cocidos.
Frescos ou en conserva, cómpre escorrelos ben.
Nun
recipiente botamos todos os ingredientes (espárragos, leite
concentrado, ovos, queixo relado, sal) e mestúramolos co batedor até
quedaren ben desfeitos. Comprobamos que non queden fíos dos
espárragos, e, de habelos, retirámolos para que resulte un líquido
suave.
Coa
manteiga engraxamos o molde e vertemos nel a mestura. Na ola a
presión ou na bandexa do forno, con auga que cubra 3/4 partes do
molde, cocemos o flan a baño maría: 20 min na ola a presión, ou
ben 45 min no forno prequente a 180º. Como prefiro enfornar, para
que, ao ferver, a auga non salpique no flan, poño cascas de ovos
flotando na auga.
De
enfornarmos, mírase se coceu pinchando cun coitelo. Se sae limpo,
está feito. Se non callou, déixase 5 min e comprobamos de novo.
Sacámolo
do forno e abaneamos o molde para desapegar o flan das paredes.
Desapegalo frío é moito peor, porque pode romper.
Déixase
arrefecer no molde e, frío o flan, desmóldase volteándoo sobre un
prato. Cóbrese de maionesa, adórnase con espárragos, olivas,
pementos… e métese na neveira como mínimo 4 horas.
Notas
Non
confundamos leite concentrado ou evaporado (leite esterilizado e
privado da súa auga) con leite condensado, que contén azucre.
É
preferíbel empregar maionesa caseira, pois queda moito máis
saboroso.
Para
o baño maría no forno, convén botar na auga as cascas dos ovos
empregados, para evitar salpicaduras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario