BACALLAU SKREI DE RICUCHA
Marzo de 2022
O SKREI é un bacallau nómada. "Skrei" significa"nómada" en noruegués antigo. Este peixa migra desde as frías aguas do mar de Barents en Noruega cara ás illas Lofoten, onde desova e onde se captura nos meses máis fríos do ano.
Este peixe está en comida desde febreiro até principios de abril, que é cando se pode adquirir no mercado. Tamén se pode conxelar e conserva todas as súas propiedades.
Ingredientes para tres persoas
Bacallau fresco Skrei, un toro por persoa
2 cebolas grandeiras
2 pementos vermellos grandeiros
3 patacas medianeiras
aceite
sal
Elaboración
1.- Pártese a cebola en aros e fríxese en aceite quente, moi ao xeito, a lume moi manso, até ficar cociñada e case dourada. Retírase a cebola do aceite e resérvase.
2.- Fríxense as patacas cortadas á panadeira cun chisco de sal durante 2 ou 3 minutos.
3.- Fríxense os pementos en tiras, poden fritirse xunto coas patacas, mais eu prefiro fritir os pementos no aceite das cebolas.
4.- Nun recipiente para o forno colócanse dúas capas da patacas á panadeira fritas por fóra.
5.- Sobre as patacas esténdese a cebola mesturada cos pementos, formando outra capa que cubra as patacas. Por riba, van os toros de bacallau fresco. Sálgase o bacallau e por riba éstrase o aceite de frixir cebola e pemento.
6.- Métese no forno prequente a 180º durante 15 minutos. Comprobar se está no punto de cocción e, de non estar, cociñar outros 5 minutos.
7.- Servir quente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario