domingo, 19 de xuño de 2022

CREMA DE CAQUIS E CACAO

 CREMA DE DIÓSPIROS (CAQUIS) E CACAO

 Ingredientes 

2/3 dióspiros depelicados e cortados en anaco

1/2 banana ou plátano maduro

2 culleradas de cacao en pó sen azucre (ou 30 g de cacao, o tamaño das culleres de sopa)

Elaboración

1.- Depelícanse os dióspiros, córtanse en anacos. Bótanse nun recipiente de batedor eléctrico.

2.- Móndase o medio plátano maduro e córtase en anacos. Métese no recipiente do caqui.

3.- Bótase o cacao e bátese até obter unha crema sen bolos.

4.- Repártese en vasos ou moldes individuais e déixase arrefecer no frigorífico cando menos 4 horas.

Notas

Pódese facer con manga de non querer usar caquis ou dióspiros.

Mellor duplicar os ingredientes, porque se conserva no frigo 4 ou 5 días.

BACALLAU SKREI DE RICUCHA

 BACALLAU SKREI DE RICUCHA

Marzo de 2022

O SKREI é un bacallau nómada. "Skrei" significa"nómada" en noruegués antigo. Este peixa migra desde as frías aguas do mar de Barents en Noruega cara ás illas Lofoten, onde desova e onde se captura nos meses máis fríos do ano. 

Este peixe está en comida desde febreiro até principios de abril, que é cando se pode adquirir no mercado. Tamén se pode conxelar e conserva todas as súas propiedades.

 

Ingredientes para tres persoas 

Bacallau fresco Skrei, un toro por persoa

2 cebolas grandeiras

2 pementos vermellos grandeiros

3 patacas medianeiras

aceite

sal

 

Elaboración

1.-  Pártese a cebola en aros e fríxese en aceite quente, moi ao xeito, a lume moi manso, até ficar cociñada e case dourada. Retírase a cebola do aceite e resérvase.

2.-  Fríxense as patacas cortadas á panadeira cun chisco de sal durante 2 ou 3 minutos.

3.- Fríxense os pementos en tiras, poden fritirse xunto coas patacas, mais eu prefiro fritir os pementos no aceite das cebolas.

4.- Nun recipiente para o forno colócanse dúas capas da patacas á panadeira fritas por fóra.

5.- Sobre as patacas esténdese a cebola mesturada cos pementos, formando outra capa que cubra as patacas. Por riba, van os toros de bacallau fresco. Sálgase o bacallau e por riba éstrase o aceite de frixir cebola e pemento.

6.- Métese no forno prequente a 180º durante 15 minutos. Comprobar se está no punto de cocción e, de non estar, cociñar outros 5 minutos.

7.- Servir quente.

PATÉ DE CHAMPIÑÓNS E NOCES

 PATÉ DE CHAMPIÑÓNS E NOCES

Ingredientes 

300 g de champiñóns 

1 cebola branca picada moi miúda

2 dentes de allo picados

30 g de noces, sen casca e picadas

50 g de miolo de pan sen a codia

30 ml de AOVE

sal

pementa negra

 

Elaboración

1.- Lavar e torar os champiñóns.

2.- Nunha tixola, co aceite quente, ásase a cebola e os allos a lume manso até ficar  translúcida, sobre 5 min aproximadamente.

3.- Bótase sal e pementa á vontade.

4.- Engádense os champiñóns, mestúrase e cociña todo xunto sobre   min, até estaren dourados.

5.- Nun recipiente, déitase a mestura quente, o miolo de pan esmiuzado, as noces picadas, un chorro de AOVE.

6.- Bátese co batedor eléctrico até obtermos unha mestura homoxénea.

7.- Compróbase o sal e a pimenta.

8.- Consérvase no frigo. O sabor aséntase dun día para outro.