BECHAMEL DE RICUCHA
6 culleradas de fariña peneirada
1 cullerada de manteiga
1 cullerada de margarina
sal
pementa
1 litro de leite
Na fariña peneirada, bótase un chisco
de sal e un chisco de pementa, negra ou branca, dilúese ben diluída
nun chisco de leite (que sacamos do litro).
Poñemos o leite a ferver nunha pota
con fondo difusor, e cando está a punto de ferver, botámoslle a
mestura de fariña, sal e pementa. Vaise remexendo e cando comeza a
espesar e debuxar, bótase a manteiga e a margarina. Déixase cocer
a lume lento como mínimo media hora, remexendo de cando en cando
para que non pegue. Ricucha asegura que na súa ola de fondo difusor
non se lle pega nunca, se cadra unha moi pequena costriña.....
Bótaselle o que queiras, xamón,
salmón, restos do cocido, ou o que che pareza e colócase nunha
fonte ampla para que enfrie e poder facer as croquetas.